O intercambio de experiencias é unha ferramenta fundamental no desenvolvemento e posta en marcha de Programas de Desenvolvemento Rural, así como para estreitar vínculos con outros colectivos que comparten intereses ou para poñer en marcha un proxecto de cooperación interterritorial. Facilitar os intercambios temáticos entre os distintos colectivos implicados no medio rural permite unha maior participación entre os axentes e a implantación efectiva das políticas de desenvolvemento rural, sentando as bases para establecer un marco de relación entre eles a medio e longo prazo.
O proxecto ODISSEU é unha iniciativa de cooperación LEADER dos GAL cataláns. Preténdese dar a coñecer as oportunidades que o rural ofrece á mocidade, posibilitando que desenvolvan alí proxectos profesionais. A través de diversas actividades foméntase o emprendemento, mellorando a empregabilidade e conectando empresas con talento.
No requiere inscripción o la inscripción es externa.