O novo marco busca adaptar o sector vitivinícola aos cambios do mercado, do clima e das…
O cambio climático, a crise enerxética e o uso insostible dos recursos naturais son tres dos factores que máis inflúen na maior vulnerabilidade dos sistemas agrícolas e forestais; ao presente e ao futuro.
Neste contexto, a Rede PAC promove actuacións que contribúan a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e amoníaco, así como o uso excesivo —ineficiente e contaminante— de praguicidas e fertilizantes. Tamén traballa para mellorar a xestión no uso e conservación dos recursos produtivos naturais —auga, solo, vexetación— promover a autosuficiencia enerxética a través das renovables, e potenciar e diversificar a produción. Sen esquecernos da difusión das medidas de adaptación ou mitigación ante o cambio climático, que xa está aquí: desde o uso ou recuperación de variedades e razas mellor adaptadas ata o incremento da capacidade de sumidoiro de carbono dos solos agrícolas e forestais.
Este número de Savia Rural ten a cultura entre os seus principais compoñentes. Falamos co escritor Julio Llamazares, que fixo da memoria e da paisaxe rural dúas constantes na súa literatura.
A agricultura e o medio ambiente poden ser os mellores aliados para garantir mutuamente o seu futuro; As iniciativas e negocios que recolle este informe sobre boas prácticas son un bo exemplo diso.
O Plan de Acción da Rede da PAC é un documento que describe como desenvolverá a Rede as funcións definidas para ela polo Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC).