
10 de Novembro de 2016
Xa está aberto o período de consulta pública para o Programa Marco de Investigación e Innovación da UE, Horizonte 2020. Calquera cidadán da UE está convidado a participar nesta consulta para mellorar a aplicación do programa e, en particular, todas as organizacións de investigación e innovación que participan en Horizonte 2020.
10.11.2016
A Comisión Europea puxo en marcha unha consulta pública sobre Horizonte 2020, como parte da avaliación intermedia que está a levar a cabo coa axuda de expertos independentes. Isto ten como obxectivo mellorar o funcionamento deste Programa Marco e sentar as bases para o seguinte. A consulta estará aberta ata o 15 de xaneiro de 2017.
O cuestionario está dispoñible en inglés na seguinte ligazón , aínda que as respostas poden enviarse en calquera lingua oficial da Unión Europea.
A UE asignou un orzamento de case 77.000 millóns de euros ao Programa Marco Horizonte 2020 para a investigación e a innovación para o período 2014-2020. Os regulamentos que rexen este programa esixen que a Comisión Europea leve a cabo unha revisión a metade de prazo da súa aplicación antes do 31 de decembro de 2017.