O primeiro informe deste número de Savia Rural aborda unha ferramenta que está a demostrar a súa utilidade para facilitar o acceso á actividade agraria: os bancos de terras. Tamén falamos do caderno dixital e de como pode axudar a mellorar a xestión das explotacións. Falamos con Clara Aguilera das políticas agrarias nas institucións europeas, ás que dedicou os últimos dez anos da súa carreira política. Mostramos proxectos inspiradores no rural, dende o sector primario ata o terciario: a granxa Son Jover, a empresa de caldos de galiña Delicatexe e o festival What is Music de Frías (Burgos). E achegamos outros contidos cunha forte compoñente comunicativa, como as reflexións das profesoras Belén Galletero e Vanesa Saiz sobre como comunicar o despoboamento, ou o proxecto Mentores Rurais: unha iniciativa que permitiu a varias emprendedoras mellorar os seus negocios grazas ao asesoramento experto doutras mulleres.
