Plan de acción Cork 2.0


Plan de Acción Cork 2.0

24 de Marzo de 2017
Dinamización rural
Innovación
Cambio climático y gestión de recursos naturales
Calidad y cadena alimentaria
Biodiversidad y paisaje

A DG AGRI publica o Plan de acción para o desenvolvemento da Declaración Cork 2.0.


A 2.ª Conferencia Europea sobre Desenvolvemento Rural, Cork 2.0, celebrouse en setembro de 2016. Máis de 300 participantes debateron os desafíos actuais e futuros aos que se enfrontan as zonas rurais europeas e as posibles respostas que pode proporcionar a Política Europea de Desenvolvemento Rural, concluíndo cunha declaración de dez principios.

A Declaración de Cork 2.0 contén dez principios orientadores para a política europea de desenvolvemento rural:

1. Promover a prosperidade das zonas rurais
2. Fortalecer as cadeas de valor nas zonas rurais
3. Investir na viabilidade e vitalidade das zonas rurais
4. Preservar o medio rural
5. Xestionar os recursos naturais
6. Estimular a acción contra o cambio climático
7. Promover o coñecemento e a innovación
8. Mellorar a gobernanza rural
9. Avanzar na aplicación de políticas e na simplificación dos procesos administrativos
10. Mellorar o rendemento e a responsabilidade

Publicouse xa o Plan de Acción Cork 2.0 , que inclúe unha serie de iniciativas concretas para converter estes principios en realidade.

Este Plan de Acción é un documento dinámico: as suxestións e iniciativas para o Plan de Acción poden presentarse enviándoas a: agri-cork-2-conference@ec.europa.eu

Máis información no sitio web da DG AGRI da Comisión Europea: Información sobre CORK 2.0