
13 de Xuño de 2016
Innovación
Búscanse expertos para o Grupo de Foco AEI-AGRI (Grupos de Foco EIP AGRI). A data límite para presentar as solicitudes de participación é o 11 de xullo
13 de xuño de 2016
A DG de Agricultura da Comisión Europea anunciou unha convocatoria de solicitudes para participar como expertos en tres novos grupos de discusión europeos da Asociación Europea para a Innovación (EIP-Agricultura):
- Sistemas de produción de leite
- Sistemas agroforestais: a introdución de vexetación leñosa en sistemas especializados de cultivos e gandería
- Enfermidades e pragas na viticultura
Se tes experiencia e coñecementos nalgunha destas áreas e podes axudar a atopar solucións prácticas aos problemas actuais nestes sectores, solicita participar como experto nestes grupos de discusión de AEI-Agri.
Prazo de solicitudes : 11 de xullo de 2016