Xornada de Dixitalización para o Sector Agroalimentario e Forestal e para o Medio Rural

03 de Abril de 2019 10:15 - 14:45
Lugar de celebración
MADRID
Descripción


Aínda quedan prazas para inscribirse nas Xornadas de Dixitalización do Sector Agroalimentario, Forestal e Rural, que terán lugar o vindeiro mércores 3 de abril e que organiza o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

O acto terá lugar no Centro de Creación Contemporánea Matadero Madrid, na sala Azcona, situada no espazo Cineteca. Paseo de la Chopera, 10. 28045 Madrid. O acceso peonil a este centro realízase dende a Praza de Legazpi no 8 .

O horario é de 10:15 a 14:45 horas. Pregamos chegar cedo, tendo en conta que o punto de inscrición non está situado directamente na entrada do recinto do Matadero Madrid.

Envíanos a túa preinscrición antes do martes 2 de abril ás 10:00 horas ao seguinte enderezo de correo electrónico:

Bzn-agendadigital@mapa.es

para o que é necesario que nos envíe os seguintes datos:
- nome e apelidos
- DNI
- correo electrónico
- Organización á que pertencen.

Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, recibirá un correo electrónico de confirmación para que poida completar as xestións necesarias para a viaxe.

Fecha inicio inscripción
Fecha fin inscripción
Organiza
SG. Innovación e dixitalización - DG. Desenvolvemento Rural, Innovación e Política Forestal - Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

No requiere inscripción o la inscripción es externa.