Aínda quedan prazas para inscribirse nas Xornadas de Dixitalización do Sector Agroalimentario, Forestal e Rural, que terán lugar o vindeiro mércores 3 de abril e que organiza o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).
O acto terá lugar no Centro de Creación Contemporánea Matadero Madrid, na sala Azcona, situada no espazo Cineteca. Paseo de la Chopera, 10. 28045 Madrid. O acceso peonil a este centro realízase dende a Praza de Legazpi no 8 .
O horario é de 10:15 a 14:45 horas. Pregamos chegar cedo, tendo en conta que o punto de inscrición non está situado directamente na entrada do recinto do Matadero Madrid.
Envíanos a túa preinscrición antes do martes 2 de abril ás 10:00 horas ao seguinte enderezo de correo electrónico:
Bzn-agendadigital@mapa.es
para o que é necesario que nos envíe os seguintes datos:
- nome e apelidos
- DNI
- correo electrónico
- Organización á que pertencen.
Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, recibirá un correo electrónico de confirmación para que poida completar as xestións necesarias para a viaxe.
No requiere inscripción o la inscripción es externa.