Obradoiro en liña de axudas á industria agroalimentaria no marco do Eixo I do PERTE Agroalimentario

15 de Septiembre de 2022 12:00 - 14:00
Descripción

O pasado 1 de agosto o BOE publicou o regulamento (Orde ICT/738/2022) , pola que se regulan as axudas que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo concede con fondos europeos Next Generation aos colectivos empresariais que presenten proxectos de fortalecemento do sector agroalimentario dentro do Eixo I do PERTE Agroalimentario.

Está previsto que a convocatoria destas axudas se abra en novembro de 2022 e permitirá financiar, tras un rigoroso proceso de concorrencia competitiva, grupos de polo menos seis empresas. A solicitude de financiamento mínimo é de 15 millóns de euros.

O día 15 de setembro ás 12 horas celebrarase unha xornada de portas abertas en liña organizada pola Escola de Organización Industrial para detallar o marco normativo destas axudas e resolver as dúbidas que poidan ter os interesados.

Para asistir ao evento é necesario inscribirse cumprimentando un formulario que permite rexistrar previamente calquera dúbida que teña, garantindo que se atendan ao longo do evento.

A información sobre o evento e a ligazón de inscrición pódese consultar no seguinte enderezo:

https://landing.eoi.es/webinar-perte-agroalimentario/

No requiere inscripción o la inscripción es externa.

No requiere inscripción o la inscripción es externa.