O principal obxectivo é que os asistentes afonden na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público , e no seu réxime de aplicación nos Grupos de Acción Local (GAL).
En concreto, preténdese ofrecer unha exposición ampla e exhaustiva do ámbito obxectivo e subxectivo da Lei, abordando as cuestións que se plantexan en canto ao seu réxime de aplicación nos GALl e para que poidan ser identificadas no seu marco á vista das súas características e/ou actividade.
O curso está dirixido tanto aos directivos e técnicos de GAL, como aos distintos membros electos das súas asembleas.
NOTA: Para inscribirse neste curso , ademais de cubrir o formulario de inscrición na páxina web da RRN , tamén é necesario cubrir o cuestionario, que se pode consultar na seguinte ligazón:
La inscripción está cerrada.