O curso comeza o 1 de febreiro de 2021 e ten unha duración de catro semanas.
O obxectivo principal é que os asistentes afiancen as súas competencias emprendedoras no rural : obter información sobre os pasos básicos para a posta en marcha dun negocio, afondar na elaboración dun plan de empresa, e adquirir competencias noutras cuestións transversais como a comunicación ou a cooperación e a xeración de sinerxías con outras iniciativas. Ademais, os participantes desenvolverán habilidades para desenvolver os seus proxectos emprendedores no rural.
A formación é gratuíta.
Público obxectivo
- Emprendedores cuxo proxecto estea en fase de análise ou a piques de poñerse en marcha, cunha idea de negocio xa moi avanzada.
- Emprendedores que iniciaron recentemente o seu propio negocio pero queiran melloralo, diversificar a súa actividade e/ou afondar nos seus coñecementos fundamentais.
O prazo de inscrición está pechado.
A relación de admitidos no curso, tras un proceso de revisión, publicarase nesta páxina o 25 de xaneiro de 2021.
La inscripción está cerrada.