O curso comeza o 23/11/2020 e ten unha duración de catro semanas.
O obxectivo principal é que os asistentes afiancen as súas competencias emprendedoras no rural : obter información sobre os pasos básicos para a posta en marcha dun negocio, afondar na elaboración dun plan de empresa, e adquirir competencias noutras cuestións transversais como a comunicación ou a cooperación e a xeración de sinerxías con outras iniciativas. Ademais, os participantes desenvolverán habilidades para implementar nos seus proxectos emprendedores no rural.
A formación é gratuíta.
Público obxectivo
- Emprendedores que iniciaron recentemente o seu propio negocio pero queiran melloralo, diversificar a súa actividade e/ou afondar nos seus coñecementos.
Para formalizar a súa inscrición, debe rexistrarse a través do apartado de rexistro desta páxina. Tamén debes cubrir o seguinte cuestionario:
https://es.surveymonkey.com/r/3Ed_CEMR
A relación de admitidos no curso, tras un proceso de revisión, publicarase nesta páxina o 18 de novembro de 2020.
La inscripción está cerrada.