CURSO COMBINADO DE ASESOROS DE DESENVOLVEMENTO RURAL - MAIO

02 de Mayo de 2016 00:00 // 04 de Mayo de 2016 00:00
Descripción

DATAS : Do 01/05/2016 ao 31/05/2016


DURACIÓN : 50 horas (7 presenciais, 10 por videoconferencia e 33 en liña)
NÚMERO DE ALUMNOS: 25

OBXECTIVOS :
Ï Completar a formación de formadores e técnicos no seu traballo de apoio aos agricultores e gandeiros para cumprir cos requisitos de diversificación e innovación nas zonas rurais esixidos polas normativas comunitaria e española.
Ï Proporcionar formación metodolóxica aos participantes para aumentar a súa eficacia como asesores no ámbito do desenvolvemento rural.
Ï Proporcionar información sobre a metodoloxía LEADER e as novas abordaxes do Desenvolvemento Rural en España e na Unión Europea: políticas, instrumentos e metodoloxía de intervención.

Dirixido a :
Formadores e técnicos de diversas administracións, Redes e Grupos de Desenvolvemento Rural, Organizacións Agrarias Profesionais, Cooperativas e Asociacións do medio rural, traballadores no ámbito do asesoramento a explotacións agrarias e propietarios e/ou emprendedores de empresas rurais, e Axentes de Desenvolvemento Local.

CONTIDO :

• Xestión da plataforma web para o apoio ao curso e a realización de casos prácticos
• Desenvolvemento rural e desenvolvemento local
• Servizos de asesoramento e a PAC 2014-2020.
• O asesor e a promoción de experiencias de Desenvolvemento Rural
• Experiencias de interese no sector produtivo: agricultura, gandería, silvicultura e agroalimentación
• Experiencias de interese no sector ambiental: auga, enerxía, biodiversidade, paisaxe.
• Innovación nas zonas rurais e a nova PAC 2014-2020. A Asociación Europea para a Innovación.
• Como mellorar a comunicación coas redes sociais.

Haberá dispoñible unha plataforma web para dar soporte ao curso, que ofrecerá as seguintes funcionalidades: videoconferencia, documentación e foros de traballo.

As persoas asistentes ao curso poderán formar equipos de traballo para desenvolver casos prácticos.

No requiere inscripción o la inscripción es externa.

No requiere inscripción o la inscripción es externa.