2ª FEIRA FORESTAL IBÉRICA. Plasencia, 21-23 de abril de 2016.

21 de Abril de 2016 00:00 // 23 de Abril de 2016 00:00
Descripción

Unha ampla variedade de empresas de todos os sectores relacionados coa silvicultura e o medio natural daranse cita en IBER-FORESTA .

Empresas forestais, biomasa, recursos hidrolóxicos forestais, recursos forestais alternativos, produtos ecolóxicos, xardinería, viveiros, sementeiros, maquinaria, vehículos, industrias auxiliares, industrias da cortiza e derivados, extracción de resina, loxística, fabricantes, turismo e deportes de natureza, distribuidores e, por suposto, asociacións e institucións.

Todos asistirán a IBER-FORESTA para expoñer e dar a coñecer as súas actividades, así como para ter a oportunidade de realizar intercambios empresariais e profesionais.

O obxectivo principal de IBER-FORESTA é promover o desenvolvemento de empresas forestais e ambientais, así como o seu compromiso co medio ambiente.

A realización de actividades comerciais, a introdución de novos produtos, nova maquinaria e métodos de traballo son outros obxectivos que se levarán a cabo. Durante a feira, Plasencia converterase na capital forestal de Estremadura e da Península Ibérica.

Bloques temáticos

Comezo das actividades os días 21, 22 e 23 de abril.

1. Especies invasoras: 21 de abril (10-13:30)
2. Cambio climático: 21 de abril (16:30-19:00)
3. Incendios: 22 de abril (10-12:30)
4. Novas tecnoloxías aplicadas ao sector forestal: 22 de abril (16:30-19:00)
5. Micoloxía, Turismo e Deportes na Natureza: 23 de abril (10-12:30)

No requiere inscripción o la inscripción es externa.

No requiere inscripción o la inscripción es externa.