AFAMMER (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural), co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, organiza a xornada “Ser Muller, Oportunidades e Futuro Rural”, un espazo de reflexión e aprendizaxe sobre o papel da muller no desenvolvemento rural.
A xornada celebrarase en Villar del Olmo (Madrid) e abordará cuestións clave como a PAC, a Propiedade Compartida na agricultura, o liderado feminino e o emprendemento no rural . Ao remate haberá un debate e lectura de conclusións.
📅 Data: 5 de abril de 2025
🕙 Horario: A partir das 9:30 h.
📍 Lugar: Salón de Plenos do Concello de Villar del Olmo (Madrid)
Se estás interesado en asistir e participar neste evento, ponte en contacto con AFAMMER en chari@afammer.es ou chámanos ao +34 926 23 27 98 .
