Oficinas de Competencia de Banda Larga para combater a fenda dixital nas zonas rurais


Oficinas de Competencia de Banda Ancha

22 de Novembro de 2017
Innovación

A través destas oficinas, a Unión Europea procura asesorar ás autoridades locais e rexionais sobre como contribuír ao acceso á banda larga en zonas rurais e remotas.


22 de novembro de 2017

Esta medida anunciouse o 20 de novembro de 2017 durante os Días da Banda Larga de 2017 . Esta iniciativa xorde como resposta á fenda dixital que afecta á Europa rural . Os datos confirman que só o 40 % dos fogares rurais teñen acceso a internet de alta velocidade, fronte ao 76 % de todos os fogares da Unión Europea. A fenda dixital urbano-rural non é só un desequilibrio de tecnoloxía ou conectividade: é un desequilibrio de oportunidades.

Estas Oficinas de Competencia de Banda Larga ( OCL ) formarán parte dunha rede e terán a misión de orientar aos promotores, usuarios ou investidores de proxectos de banda larga, públicos ou privados. A súa función é reunir toda a información práctica relacionada coa banda larga, como financiamento, tecnoloxía e cuestións regulatorias, nun único punto de contacto dentro de cada un dos países da Unión Europea que participan no proxecto.

O acceso a internet de alta velocidade é crucial para o futuro da agricultura , ligado a novas aplicacións dixitais como a agricultura de precisión. Tamén é a base para os servizos electrónicos que poderían axudar a superar as deficiencias no acceso ás infraestruturas e aos servizos que existen en moitas zonas rurais , contribuíndo a convertelas nun lugar atractivo para vivir e traballar tanto para mozos como para maiores.

A Unión Europea é consciente de que a dixitalización e a conectividade tradúcense en novos negocios que contribúen ao desenvolvemento rural e á retención da poboación nas zonas rurais. Por este motivo, está a traballarse en diferentes accións destinadas á revitalización dos servizos rurais a través da innovación dixital e social, sendo un exemplo actual o impulso das chamadas aldeas intelixentes .

A Unión Europea destinou arredor de 6.000 millóns de euros para o período 2014-2020, na súa maioría procedentes do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).