Curso de emprendemento no rural. 2a edición.

15 de Junio de 2020 09:30 - 12:00
Lugar de celebración
Esta formación realizarase a través dunha plataforma en liña
Descripción

O curso comeza o 15 de xuño de 2020 e ten unha duración de catro semanas.

O obxectivo principal é que os asistentes afiancen as súas competencias emprendedoras no rural : obter información sobre os pasos básicos para a posta en marcha dun negocio, afondar na elaboración dun plan de empresa, e adquirir competencias noutras cuestións transversais como a comunicación ou a cooperación e a xeración de sinerxías con outras iniciativas. Ademais, os participantes desenvolverán o seu propio proxecto emprendedor nun ámbito rural ou mellorarán algún aspecto do seu propio negocio.

A formación é gratuíta.

Público obxectivo

  • Emprendedores que iniciaron recentemente o seu propio negocio pero queiran diversificar a súa actividade e/ou ampliar os seus coñecementos.
  • Emprendedores cuxo proxecto está a piques de comezar, cunha idea de negocio xa moi avanzada.

Para formalizar a súa inscrición, debe rexistrarse a través do apartado de rexistro desta páxina. Tamén debes cubrir o seguinte cuestionario:

https://es.surveymonkey.com/r/Emprendimiento

A relación de admitidos no curso, tras un proceso de revisión, publicarase nesta páxina o 10 de xuño de 2020.

Fecha inicio inscripción
Fecha fin inscripción

No requiere inscripción o la inscripción es externa.