A Rede Rural Nacional (RRN), en colaboración coa Consellería de Medio Rural de Galicia, organiza a xornada "Lei 35/2011 de Titularidade Compartida das Explotacións Agrarias", que terá lugar en Santiago de Compostela o 22 de xuño de 2018, de 9.00 a 14.45 horas.
O obxectivo do obradoiro é proporcionar aos técnicos implicados no sector agrario os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para informar aos interesados en rexistrar as súas explotacións como Titularidade Compartida.
A participación no evento é gratuíta e realizarase no seguinte enderezo:
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP)
R/ Madrid, 2-4, Fontiñas
Santiago de Compostela, Galicia
O curso está dirixido a persoal das Consellerías e Oficinas Agrarias das Comunidades Autónomas, Oficinas Agrarias Rexionais, Organizacións Profesionais Agrarias, Cooperativas, etc.
Os interesados en participar deberán enviar a solicitude de inscrición , que se adxunta á documentación, ao seguinte enderezo electrónico:
jornadasredrural@mapama.es
Data límite de solicitude : 20/06/2018 ás 14:00 h.
No requiere inscripción o la inscripción es externa.
No requiere inscripción o la inscripción es externa.