Trátase dun encontro entre futuros socios do proxecto “Impulso de Capacidades no Rural”, para traballar na proposta concreta do proxecto. Celebrarase no Edificio Área Panorámica da Casa do Concello de Tui (Rúa Colón 2, TUI - Pontevedra).
Dende 2015 está en marcha este proxecto de cooperación entre Grupos de Desenvolvemento Rural de distintas comunidades autónomas, promovido pola Asociación de Desenvolvemento do Suroeste de Galicia (EURURAL).
Despois de varias xuntanzas coa colaboración e apoio da Rede Rural Nacional, tanto en Madrid como no territorio do GAL coordinador, acadouse un importante número de socios, interesados en traballar conxuntamente para desenvolver o proxecto.
No requiere inscripción o la inscripción es externa.
No requiere inscripción o la inscripción es externa.