DATA : De xaneiro a decembro de 2016.
DURACIÓN : 100 horas en liña
NÚMERO DE ALUMNOS: 250
Obxectivos :
Ï Completar a formación de formadores e técnicos no seu traballo de apoio aos agricultores e gandeiros para cumprir cos requisitos de diversificación e innovación nas zonas rurais esixidos polas normativas comunitaria e española.
Ï Proporcionar formación metodolóxica aos participantes para aumentar a súa eficacia como asesores no ámbito do desenvolvemento rural.
Ï Proporcionar información sobre a metodoloxía LEADER e as novas abordaxes do Desenvolvemento Rural en España e na Unión Europea: políticas, instrumentos e metodoloxía de intervención.
Dirixido a :
Formadores e técnicos de diversas administracións, Redes e Grupos de Desenvolvemento Rural, Organizacións Agrarias Profesionais, Cooperativas e Asociacións do medio rural, traballadores no ámbito do asesoramento a explotacións agrarias e propietarios e/ou emprendedores de empresas rurais, e Axentes de Desenvolvemento Local.
CONTIDO :
• Xestión da plataforma web para o apoio ao curso e a realización de casos prácticos
• Actualización de experiencias en desenvolvemento rural e desenvolvemento local
• Actualización dos servizos de asesoramento e da PAC 2014-2020.
• Experiencias de interese no sector produtivo: agricultura, gandería, silvicultura e agroalimentación
• Experiencias de interese no sector ambiental: auga, enerxía, biodiversidade, paisaxe.
• Innovación nas zonas rurais e a nova PAC 2014-2020. A Asociación Europea para a Innovación.
• Como mellorar a comunicación coas redes sociais. Experiencias interesantes e casos prácticos.
Haberá dispoñible unha plataforma web para dar soporte ao curso, que ofrecerá as seguintes funcionalidades: videoconferencia, documentación e foros de traballo.
As persoas asistentes ao curso poderán formar equipos de traballo para desenvolver casos prácticos.
No requiere inscripción o la inscripción es externa.
No requiere inscripción o la inscripción es externa.